|
Medio Natural O noso entorno.
Enclavada na chamada "Mariña Lucense" e no borde da meseta de Lugo,
pertence a comarca da Mariña Central, linda co val do río Ouro e os
montes Cabaleiros ó oeste, o val do Masma e a serra da Cadaeira polo
leste, a serra do Xistral e os montes do Neda polo sur, sendo bañada
polas augas do Mar Cantábrico polo norte.
En Burela empeza a rasa cantábrica, superficie chá situada entre o mar
e as contrafortes montañosas, orixinando un tipo de costa lineais nas
praias formadas ó pé dos cantís e areais, separados a miúdo, por
farallóns. Dende o punto de vista tectónico destaca en Burela a
existencia de grandes pregamentos tombados, correspondentes a primeira
fase de deformación herciniana.
|
|
As elevacións máis destacadas son: monte de Vilar, Pena de Guía, monte Castelo, monte Buio e monte Berdión.
|
Climatolóxicamente falando, Burela ten un clima oceánico e, pola súa
situación costeira, a temperatura é moderada. Foi precisamente a súa
climatoloxía benigna, ademais da súa morfoloxía plana o que contribuíu
ós primeiros asentamentos humanos, como o demostran os restos
arqueolóxicos dos castros ó longo do litoral, O terreo é fértil e
pizarroso, atravesado por regatos de escaso caudal e curso perenne.
As especies vexetais máis comúns son: toxeiras, salgueiros, piñeirais, eucaliptos e xunqueiras mariños.
A fauna está constituída por especies do máis variado. Corzos,
xabaríns, esquíos, martas, gaivotas, cormoráns e abundantes crustáceos
e moluscos son algúns exemplos do reino animal que podemos encotrar en
Burela.
|

|
Copyright © por CEIP Vista Alegre Tdo-los dereitos reservados. Publicado en: 2006-04-21 (901 Lecturas)  | |