Programa de atención á diversidade sociocultural
A educación compensatoria , introdúcese como novidade no curso 2001-2002, nun principio xurde para atender ás necesidades socioculturais do alumnado de orixe caboverdiano, desenvolvendo o programa de atención á diversidade sociocultural. O obxectivo principal, era que este colectivo contactase coa súa cultura de procedencia, que a valorase, que a dese a coñecer ó resto do alumnado. Empregouse unha metodoloxía baseada nos principios do constructivismo, e dentro do paradigma investigación-acción.
Posteriormente, e debido á incorporación ó centro de alumnado estranxeiro, que presenta necesidades debido ó descoñecemento das nosas linguas, ademais de presentar na maioría dos casos un desfase curricular significativo con respecto ó grupo no que se vai escolarizar, a educación compensatoria trata de ofrecer igualdade de oportunidades e de paliar na medida do posible estas dificultades, para que poidan seguir unha clase con normalidade, dando prioridade á adqusición das novas linguas.
No Curso 2005-06 e debido á incorporación de alumnado procedente de Perú, Cabo Verde, Brasil.....púxose en funcionamento o GRUPO DE COMPETENCIA CURRICULAR como estratexia organizativa para atender as necesidades do alumnado inmigrante.
Copyright © por CEIP Vista Alegre Tdo-los dereitos reservados.