Celebramos o Nadal
Todos os cursos celebramos o cambio de ano coa organización de diversas actividades. Recibimos a visita dos Reis Magos de Oriente que recollen as cartas de todo o alumnado, facéndolles entrega tamén dun pequeno agasallo.
Preparamos un recital de panxoliñas que se desenvolveu o venres 21 de decembro 2007 e no que participou todo o alumnado do centro.
Para este Nadal, organizamos un Belén con persoaxes e elementos elaborados con TUBOS DE CARTÓN e así ofrecer toda a creatividade do noso alumnado a odas as familias e visitantes que pasen polas entradas dos dous edificios.
Copyright © por CEIP Vista Alegre Tdo-los dereitos reservados.