Escolares do Vista Alegre de Burela van a xornadas de inmersión lingüística.
O colexio "Vista Alegre" de Burela, que dirixe Gema Cillero, participa nun programa de inmersión lingüística en inglés.
A actividade, dirixida ao alumnado de sexto de
educación Primaria, foi valorada positivamente por
tódolos participantes. O alumnado gozou dunha
experiencia inolvidable e moi intensiva nun entorno natural magnífico na Sierra Norte de Madrid, concretamente nun campamento de Piñuecar, preto de Buitrago de Lozoya. Estas estancias de inmersión lingüística melloran considerablemente as competencias lingüísticas dos alumnos,especialmente a nivel oral.
O feito de ter que solicitar as cousas máis básicas na súa convivencia diaria, obriga a que a linguaxe de aula vaia máis alá das catro paredes e permita que a expresión oral sexa dunha maior calidade por un simple motivo: perden o medo a equivocarse e lánzanse a falar.
O profesorado nativo e os monitores intentaron incluir neste programa diversas áreas. Así, o inglés compartiu espazo co Coñecemento do Medio, plástica, música, dramatización, educación física (sendeirismo), educación vial e lingua castelá.
O alumnado burelés durante esta experiencia conviviu cun grupo de sexto curso do colexio Villapilar de Murcia. A integración levouse a cabo sen problemas e cun traballo en equipo. O profesorado do Vista Alegre prepara a elaboración dun vídeo e montaxe fotográfico para poder presentar e compartir logo esta experiencia coas familias e o alumnado do centro.

Si desexa ver as fotos da excursión pulse aquí.
Nova extraída da publicación "A Mariña do Progreso" 21-11-2006.
Copyright © por CEIP Vista Alegre Tdo-los dereitos reservados.