|
Guía de Lectura para NADAL 2006 LIBRUXA recoméndavos libros
QUE LEAN E SEXAN FELICES!
GUÍA DE LECTURA PARA AS VACACIÓNS DO NADAL
Este é o segundo ano que o noso centro se atopa dentro do PLAMBE ( Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) e que decidimos revitalizar a NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR! *ACHÉGATE A COÑECELA *DESCUBRE O QUE CHE OFRECE *UTILIZA OS SEUS RECURSOS *COLABORA CO SEU OBXECTIVO DE ANIMAR Á LECTURA!
EDUCACIÓN INFANTIL
“UN AGASALLO DIFERENTE” ( Marta Azcona, Rosa Osuna) ARGUMENTO: Trata de como calquera agasallo se pode converter nun gran xoguete.
“A BANDA DE VILACENDOI” ( Xulio Gayoso) ARGUMENTO: Como unha aldea volve á vida grazas a unha banda de música integrada por persoas de diferentes países.
“CANDO MARTIÑO TIVO GAÑAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS” ( (Chema Heras, kiko Dasilva) ARGUMENTO: Aventuras e experiencias de Martiño na noite de Reis.
PRIMEIRO CICLO
“AS AVENTURAS DE PINOCHO” ( Carlo Collodi e Roberto Juncenti– Ed. Kalandraka) ARGUMENTO: Un clásico que nos narra como un monicreque, que polo seu egoismo sufre moitas desgrazas, ao final decide cambiar o seu comportamento.
“A QUE SABE A LÚA?” (Michael Grejnier) ARGUMENTO: Un grupo de animais andaba a matinar a que sabía a lúa. Só o averiguarán coa axuda de todos.
“ELMER” E “ELMER, OUTRA VEZ” (David McKee) ARGUMENTO: Elmer é un elefante de cores, diferente aos seus compañeiros. El quere ser igual a eles, pero entón xa non sería el mesmo.
SEGUNDO CICLO
“NOITE DE REIS EN KALPANKALÁ” (Xosé A. Perozo) ARGUMENTO: Aquel Nadal do derradeiro ano do século ía ser diferente para todos os nenos da cidade de Viladeteixo, tanto para os que vivían nos barrios máis ricos coma para os da zona máis pobre: Kalpankalá. Papá Noel e os Reis Magos son vítimas dun estraño roubo...
“COMO CURÉ A PAPÁ DE SU MIEDO A LOS EXTRAÑOS” ( Schami, Rafik; Konnecke, Ole) ARGUMENTO: Papá é alto e forte... Pero tenlles medo aos estraños... Sobre todo se son de “cor”. Que raro! Pensa a súa filla... Ela intentará buscar unha solución.
“LAS TRENZAS DE LUNA” ( Alfredo Gómez Cerdá) ARGUMENTO: luna, unha nena dun país lonxano, con ollos tristes e longas trenzas negras. Pero, que precisa Luna?
“OS OLLOS DE RAMÓN” (X. P. Docampo) ARGUMENTO: Un neno con estrabismo acepta a súa condición e asúmea como unha gran virtude xa que agora el é capaz de ollar a un tempo dúas cousas e mesturalas para facer un mundo á medida dos seus desexos.
TERCEIRO CICLO “ O GATO BOGAR” (Miguel Vázquez Freire) ARGUMENTO: Un gato que xogando cos libros descubriu ó rato protagonista de “Guillerme, un rato de biblioteca” e seguiuno polo libro adiante.
“SEMPRE CRISTINA” (Ursula Heinze) ARGUMENTO: Cristina forma parte dunha familia numerosa. No libro nárranse situacións da súa vida cotiá.
“MATAPITOS.COM” (Gloria Sánchez) ARGUMENTO: Cóntanos a relación entre Marta Matapitos, bruxa malvada e directora dunha escola, co resto da comunidade educativa, que consigue frustrar as súas maldades.
“LA SIRENA EN LA LATA DE SARDINAS” (Gudrum Pausewang) ARGUMENTO: Seis relatos para os que se consideran ou queren ser lectores, con personaxes simpáticos e sorprendentes.
“ MI AMIGO FERNÁNDEZ” (F. Lalana) ARGUMENTO: Esteban ten 11 anos e vive nun barrio industrial. Un día que se esconde no laboratorio do seu avó lévano a un taller onde coñece a un xigante...
“ PALABRAS DE CARAMELO” (Gonzalo Moure) ARGUMENTO: Cóntanos a historia de Kori, un neno xordo, que vive nun campo de refuxiados Saharauis.
RECORDADE QUE UN LIBRO SEMPRE É UN BO AGASALLO E QUE NON TEÑEN IDADE!!!!
http://www.guiadeljuguete.com/ ( Información sobre os xogos máis axeitados a cada idade)
"Un libro aberto é un cerebro que fala; cerrado un amigo que espera; olvidado un alma que perdoa; destruido un corazón que chora". Proverbio hindú
"O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito” Miguel de Cervantes
"A lectura fai ao home completo, a conversación, áxil e o escribir, preciso". Sir Francis Bacon
Copyright © por CEIP Vista Alegre Tdo-los dereitos reservados. Publicado en: 2006-12-28 (1502 Lecturas)  | |