Análise do Contexto
Analizamos o noso colexio




Como introducción, imos deixar anotados en síntese, unha serie de datos referentes a esta vila, co obxectivo de que calquera dos compoñentes da nosa comunidade educativa ou outras persoas interesadas, poidan coñecer e ter unha visión actual de Burela.
Previamente é obrigado lembrar que con data 15 de decembro de 1.994 a Xunta de Galicia, concedeu a categoría de Concello a Burela, pasando a ser vixente a tódolos efectos dende o 1 de xaneiro de 1.995. Polo tanto Burela é un dos concellos máis xoves do territorio galego.
Xeográficamente falando ,e para situar a Burela de forma concreta, diremos que pertence á Mariña Lucense dentro da coñecida Rasa , accidente montañoso que procede en orixe de Asturias, e ven bordeando toda a Mariña Lucense pola costa.
Debido a todo esto a costa de Burela presenta zonas moi rochosas cun mar Cantábrico aberto.
Carecemos de estribación ou altura montañosa importante resaltando únicamente " O Castelo ", moi visible e que se está a converter nun mirador natural cunhas infraestructuras modernas para o disfrute dos visitantes.
No solo de Burela atópanse abundantes rochas de tipo ácido (características da nosa comunidade autònoma ) pero para os non iniciados no tema, confirmarlles que asimesmo unha veta de escasa profundidade percorre todo o subsolo de Burela, contendo " caolín " de mala calidade ocasionando serios problemas para a cimentación das vivendas.
Hidrográficamente somos moi pobres xa que non temos un río de relevancia.
O noso clima está catalogado dentro dunha zona climática de influencia oceánica, polo que a proximidade ó mar reduce moitísimo a amplitude térmica.Dentro do clima temos que facer referencia ó nordés que pode soprar tanto en inverno coma en verán e verdadeiramente resulta molesto.
Sobre a nosa arboleda señalar, que o pino e maioritariamente o eucalipto foron adueñándose do bosque e xa non queda prácticamente ninguna árbore autóctona nin explotación agrícola de importancia.
Burela hoxe é unha entidade de población que ronda os 10.000 habitantes e o seu crecemento pódese catalogar de espectacular. Trátase dunha vila residencial e ó mesmo tempo puramente industrial. Contamos tamen cun moderno hospital para atender a población da Mariña.
O noso Centro educativo, leva funcionando dende o curso 1.985/86 e consta de dous modernos edificios onde se imparte educación infantil e primaria. Un plantel que supera os vinte profesores encárganse diariamente de atender a cerca de 210 alumnos. Mencionar tamén que contamos con aulas para inglés, música, relixión e psicomotricidade. As clases de Educación Física impártense nun pavillón municipal que temos ó lado. O centro conta cun amplo patio no que cohabitan tranquilamente unha centena de especies arbóreas autóctonas co alumnado nos períodos de lecer , un invernadoiro axúdanos a motivar ó alumnado de cara a consecución de alimentos cada vez máis sans e naturais. Pistas deportivas,parque infantil, fosos de area… complementan o espacio no que todos disfrutamos a hora do recreo.









Copyright © por CEIP Vista Alegre Tdo-los dereitos reservados.

Publicado en: 2006-04-24 (1193 Lecturas)

 
Menú
 Inicio
 Buscar
 Contacto
 Contidos
 Descargas
 Enlaces
 Galerías Imaxes
 Novas Antigas
 Recoméndenos
 Temas
 Top 10
Contidos
Burela:
· Medio Natural
· Aspectos Históricos
· O Pobo

O Colexio:
· Análise do Contexto
· Principios Educativos
· Profesorado
· Calendario Escolar

Departamento de Orientación:
· Composición
· Organización e Funcionamento
· Educación Compensatoria

Novo Proxecto Europeo:
· Presentación: Socios europeos

A.N.P.A.:
· Xunta Directiva

Actividades:
· Festividades
· Saídas e Excursións
· Medio Ambiente e Programa VOZ NATURA
· SAMAÍN
· MAGOSTO
· NADAL
· O ANTROIDO
· Festa de Fin de Curso
· Día das Letras Galegas

Plan de mellora de bibliotecas escolares.:
· Presentación
· Guía de Lectura para NADAL 2006
· Guía de Lectura para NADAL 2007

Proxecto Europeo:
· Presentación: 2001-04
· Amigos Europeos
· Desenvolvemento
· Divulgación: Maio 2006
· PORTFOLIO

Notas de prensa.:
· Unha Viaxe en Inglés.

Última Nova

[ Máis Novas ]
Taboleiro de Anuncios

Ver taboleiro
Datos de Interese
 
 
 
C.E.I.P VISTA ALEGRE
Rúa Mestre Don Camilo s/n
27880 Burela (Lugo)



Tfnos: 982581450 / 982581800
Fax: 982581450
ceip.vista.alegre@edu.xunta.es



Xeración da Páxina: 0.06 Segundos