Principios que rixen o noso colexio.
1.-PLURALISMO E VALORES DEMOCRÁTICOS:
Defendemos unha escola democrática que asegure unha convivencia libre e
pacífica, que teña en conta a diversidade de toda a comunidade
educativa. Polo tanto fomentaremos unha educación baseada nuns valores,
actitudes e normas, formando cidadáns democráticos, comprometidos,
prácticos, activos e críticos.
2.- INTEGRACIÓN
Fomentamos un modelo de ensino aprendizaxe baseado no principio de
integración e de individualización, atendendo a tódolos ámbitos de
desenvolvemento do alumno/a e considerando as súas características
persoais.
Esto traduciríase nunha escola comprensiva que recoñeza a
diversidade da súa poboación escolar, actuando como axente compensador
das desigualdades, dándolles resposta mediante a igualdade de
oportunidades, ofrecendo a cada un o que necesita.
3.-SOLIDARIEDADE
Pretendemos
unha escola que desenvolva hábitos e actitudes solidarias, en calquera
tema, ensinando a respetar ós demais, a compartir, a traballar en
equipo organizando grupos heteroxéneos e potenciando unha aprendizaxe
cooperativa.
4.-XUSTIZA
Intentamos que os alumnos, resolvan os conflictos utilizando técnicas de resolución non violentas.
5.-TOLERANCIA
Queremos que os nosos alumnos adquiran actitudes, coñecementos e
destrezas necesarias para funcionar eficazmente nunha sociedade
democrática e pluralista, capaces de rexeitar todo tipo de
discriminación por razón de sexo, raza, ideoloxía, lingua,...
Copyright © por CEIP Vista Alegre Tdo-los dereitos reservados.