Como funciona
O departamento de orientación reúnese tódalas semanas para desenvolver as actuacións deseñadas no plan anual de actividades do departamento.
As liñas xerais de intervención do noso departamento centrámola sobre o conxunto do sistema educativo. Polo tanto o enfoque que lle damos á orientación, trata de superar a idea unidireccional dunha intervención única e exclusivamente dirixida ós alumnos con problemas de aprendizaxe, para realizar unha intervención xeral mediante programas de apoio, que atendan ás necesidades do centro, pero sobre todo dando prioridade a programas de prevención.
O plan de orientación dirÃxese a un centro que leva funcionando dende o curso 1985-1986, que se adapta ás caracterÃsticas do sistema educativo que se establece na L.O.X.S.E, dispoñendo de espacios suficientes e de persoal cualificado, con ansias de analizar e reflexionar sobre os factores que inciden no proceso de ensino-aprendizaxe, para desenvolver actuacións conxuntas, innovadoras e que atendan á diversidade e á pluralidade. Para todo isto, estamos a converter ó sistema no seu conxunto nun axente activo, é dicir, tanto alumnos/as como profesores/as aprendemos dende a propia experiencia, dende a práctica diaria, dende a reflexión e o debate, dende a propia avaliación, introducindo as modificacións necesarias, para mellorar dÃa a dÃa o noso sistema educativo
Para elaborar o plan de orientación o departamento, fai unha análise das principais necesidades da poboación educativa, que se tratarán de paliar paulatinamente, a través, dos programas elaborados e que forman parte de dito plan. Polo tanto, entendemos o plan de orientación como un instrumento a medio e longo prazo, non é un documento que vaiamos elaborar ano tras ano, isto non significa que non se avalÃe e revise, incorporando aquelas modificacións resultantes do estudio e do debate.
O plan de orientación é elaborado polo departamento tendo en conta ditas necesidades ademais das directrices marcadas pola orden de 24 de xullo de 1998, pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998 e as directrices xerais da comisión de coordinación pedagóxica. Ademais o claustro de profesores participou nas liñas xerais do plan, mediante os seus respectivos coordinadores de ciclo.
A estructura do noso plan articulase arredor de dous amplos subprogramas:
a) Un subprograma de orientación académica(POA), que inclúe un subplan destinado á atención á diversidade (PXAD) e un suplan de programas de apoio o proceso de ensino- aprendizaxe.
b) Un subprograma de acción titorial (PAT) que engloba o plan de acollida (PA) e o plan de preparación para a ESO (PPESO).
Copyright © por CEIP Vista Alegre T骴o-los dereitos reservados.