Actividades
Comedor
Saídas
Festas
Galería

SAÍDAS


Organizamos saídas, excursións, festas, competicións... Queremos que o colexio sexa un lugar de encontro, non só para estudar, senón tamén para divertirse e facer cousas xuntos.

Algunhas das actividades que organizamos reflectímolas a continuación:

  • Festa de Nadal no colexio.
  • Festa do Entroido na discoteca Green.
  • 8ª Mostra de actividades culturais no Forum Metropolitano.
  • Certame de patinaxe no pazo de deportes.
  • Baile galego: diversas saídas pola provincia (Negreira, Cee, Arteixo, etc.).
  • Campeonato de fútbol.
  • Campeonato de voleibol.
  • Certame de xadrez.
  • Danza e ximnasia rítmica no Certame "Curros Enríquez" de Culleredo.
  • Exhibicións de fin de curso.
  • Excursións a San Isidro, a Santander, a Pluton Park.
  • Patinaxe sobre xeo no Coliseum.
  • Excursión fin de curso a O Grove e A Toxa.
  • e outras moitas máis...

A colaboración dos pais e nais de alumnos para a realización de todas estas actividades é imprescindible. Se queremos progresar e facelo cada día mellor, non podemos deixar este traballo só en mans dun grupo reducido de persoas senón que se precisa a implicación de todos e todas.

Animámosvos a facervos socios da A.P.A.