Actividades
Comedor
Saídas
Festas
Galería

FESTAS

Sempre que podemos, organizamos festas. Adoitan coincidir cos finais dos períodos lectivos e en vísperas de datas sinaladas. Procuramos que participen todos e todas para que fagan exhibicións do aprendido nas actividades nas que se inscribiron.

Un exemplo do que facemos vémolo a continuación:

As bailarinas, como non podía ser menos...

E as festas de Nadal... con ximnastas!


E "papanoelas"...

E que decides deste grupo de bailarinas? Queren chamarse "Dancing in green".


Pero tamén emulamos a Fernando Alonso... aínda que, naturalmente, sen présas!


E facemos fachenda de preparación en artes marciais.

Sobre rodas non temos rival.
De cando en vez, dámoslle un aire caribeño á nosa música.
Pero o noso segue a se-la muiñeira...

Faltábanos o grupo "Dancing in pink".

Que é unha festa para nenos sen paiaso?

O público é moi fiel (case todos)...

Alguén tiña que ser responsable de todo isto... Fan festas e excursións, motivan ós colaboradores, traballan para que o centro sexa un modelo de eficacia na organización de actividades, xestionan o comedor e moitas outras cousas máis.

O seu premio é o labor ben realizado.