AULAS ESPECÍFICAS E OUTROS ESPAZOS


Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, dispoñemos dun aula de audición e linguaxe. Normalmente, o apoio que reciben estes alumnos e alumnas é dentro da súa aula. Só en momentos puntuais, e, habitualmente, para dificultades de tipo articulatorio, a profesora especialista realiza o apoio na súa aula, onde dispón dun amplo surtido de material para facilitar a aprendizaxe. O ximnasio está no último andar do edificio. Amplo, ventilado, ben equipado... permite que as clases de Educación Física poidan realizarse sen problemas cando o tempo non acompaña.
O dominio das habilidades motrices, os xogos, danzas, predeportes, a expresión corporal... son fundamentais para unha correcta educación dos nenos e nenas.

 

Os horarios laborais impiden, ás veces, a axeitada atención dos nenos á hora do xantar. O obxectivo deste servizo é facilitar a vida cotiá das familias que teñan esa dificultade.
O equilibrio dietético está garantido por profesionais e a atención que reciben os nenos non se centra exclusivamente nas súas necesidades nutricionais senón tamén na formación de hábitos á hora da mesa.

En canto dispoñamos dos recursos, temos o proxecto de crear un laboratorio de idiomas neste espazo. A aula está dotada con medios suficientes pero desexamos que os nosos alumnos poidan dispoñer dos mellores para que alcancen coñecementos (inglés, polo de agora) que lles permitan soster conversas sinxelas noutras linguas. Iniciámo-lo estudo do idioma inglés xa dende os catro anos. Tamén os máis pequenos aprenden os rudimentos da música. Practican ritmos, escoitan cancións, coñecen os instrumentos, bailan... Se cadra, de aquí saia no futuro unha figura... Polo de pronto, nós procuramos que non se perdan. Os ordenadores son ferramentas imprescindibles coas que deben estar familiarizados os nenos. Temos dúas salas de ordenadores (redes locais de 17 e 25 postos), ademais dun ordenador en cada aula, conectados todos a internet.

Tanto a Sala 1 como a Sala 2 son constantemente utilizadas por profesorado e alumnado. Algunhas das clases desenvólvense dentro destas salas onde os alumnos aprenden a seleccionar a información relevante que lles pode ofrecer a rede.
Do mesmo modo que para audición e linguaxe, dispoñemos dun aula específica para a atención dos alumnos que precisen un apoio específico. Está atendida por unha profesora especialista que, igual que en A.L., realiza os apoios fundamentalmente na aula dos nenos. Só en casos que así o demanden, esta atención faise na aula da profesora. Montamos un pequeño escenario nesta sala. Nela fanse representacións, actos... todo o que precise un espazo máis amplo para desenvolverse. Utilizámola tamén para reunións e titorías grupais cos pais dos nosos alumnos e alumnas.