CONCURSOS

Participamos o curso pasado en moitas cousas, entre elas...

1. No XXIII Concurso nacional "¿Qué es un Rey para ti?, sendo selecionado o noso colexio para formar parte dos finalistas na nosa Comunidade Autónoma, co traballo realizado por Darío Suárez Fernández, de 6º curso.


2. No Concurso organizado polo Colexio de Farmacéuticos de A Coruña, na modalidade de Redacción, obtendo o 2º premio co traballo realizado por Ana Casal Vázquez, alumna de 6º curso.
Obtivemos, ademais, un premio especial ó colexio máis destacado pola calidade dos traballos presentados.
3. No Concurso de postais navideñas organizado polo Museo Militar de A Coruña, obtendo un 2º premio coa postal de Darío Suárez Fernández, de 6º curso.
Tamén foi premiado Miguel González Muíño, de 6º.
4. No Concurso organizado pola ONCE na realización dunha mascota do equipo paralímpico español.
5. No concurso organizado polo Concello de A Coruña para a realización de maquetas utilizando material reciclado.
6. No Concurso de redacción e pintura organizado polo concello de Lugo, "A muralla, Patrimonio da Humanidade".

7. Na campaña "Entre Nós en galego", organizada pola Consellería de Educación, en:

Concurso de cartel e lema.
Certame de contacontos.
Certame de teatro. (accésit)
Certame de música. (accésit)

8. No I Certame de contos ilustrados "Mel de Galicia".

9. No "Concurso sobre cooperativismo" organizado polo Consello Galego de Cooperativas, nas modalidades de debuxo e pintura e de vídeos sobre o cooperativismo.
Obtivemos un 1º premio na modalidade de debuxo e pintura, na Categoría A, co traballo de Álvaro Rodríguez Real, e na Categoría B, un 1º accésit co traballo de Iria Martínez Hermida.

10. No Certame "Menudos Cantantes", organizado polo Concello de A Coruña, no que gañou o 1º premio a nosa alumna de 6º Noemi Trincado Aller, na modalidade individual infantil.