GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO.

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESUMO da Orde do 28 de maio de 2010 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2010-2011.

Artigo 2º.-Requisitos.

a) Estar matriculado en 1º, 2º, 5º ou 6º de educación primaria ou en educación especial nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o curso escolar 2010/2011 e non repetir curso neste ano académico.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Para o alumnado de educación primaria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 €.

Artigo 3º.-Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 4º.-Solicitudes e documentación.

As persoas que desexen optar á axuda deberán presentar a solicitude segundo o anexo I desta orde.
As instancias poderán obterse nos centros, nas xefaturas territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e tamén se poderán descargar en formato pdf do portal educativo no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es, ligazón de gratuidade solidaria de libros de texto. A aplicación informática para a xestión das axudas tamén permitirá a xeración da solicitude unha vez introducidos os datos. Unha vez cuberta a solicitude, deberán presentala, xunto coa documentación, segundo se indica no artigo 3º desta orde. A solicitude deberá ser asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá ser asinada unicamente polo proxenitor que teña a custodia do menor. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda que sexan maiores de idade.

Xunto coa solicitude, presentarase a seguinte documentación para o alumnado de educación primaria (1º, 2º, 5º e 6º curso):

No caso do alumnado de educación especial non será necesaria a presentación de documentación ningunha.
A documentación que se presente deberá ter validez na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 5º.-Contía das axudas.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aboará as axudas para o alumnado solicitante matriculado en 1º, 2º, 5º ou 6º curso de educación primaria que reúna os requisitos previstos nesta orde, nos seguintes importes por alumno/a e curso segundo a renda per cápita familiar no ano 2008:
Familias monoparentais:
-Renda per cápita familiar ata 6.000 €: 180 €.
-Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000 €: 104 €.
Resto das familias:
-Renda per cápita familiar ata 5.400 €: 180 €.
-Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000 €: 104 €.
No caso de que nunha mesma familia haxa varios alumnos que cumpran os requisitos desta orde, cada un deles recibirá a contía que lle corresponda segundo o establecido nesta convocatoria.           
O alumnado matriculado en educación especial en centros específicos ou ordinarios que solicite a bolsa e que cumpra os requisitos desta orde recibirá un importe de 250 €, con independencia da renda per cápita familiar.

Artigo 6º.-Renda per cápita familiar.

 Artigo 7º.-Determinación da unidade familiar.

-Os pais non separados legalmente e, se for o caso, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor.
-Os fillos menores de idade, con excepción dos emancipados.
-Os fillos maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
-Os fillos solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano 2008.

Artigo 9º.-Emenda de solicitudes.

Para aquelas solicitudes que non estean correctamente cubertas ou non acheguen os documentos preceptivos, requirirase ao interesado/a para que, nun prazo de dez días, emende as faltas ou remita os documentos preceptivos. De non facelo, considerarase que desistiu da súa petición e
arquivarase o expediente.

Artigo 10º.-Adquisición de libros de texto, materiaiscurriculares e materiais didácticos complementarios.

Artigo 14º.-Obrigas dos beneficiarios.

A concesión da axuda comporta as seguintes obrigas do alumnado:
a) Seguir as directrices que marca a orde da convocatoria e destinar o importe da bolsa na súa integridade á adquisición de libros e demais materiais curriculares, didáctico e complementario, propios do curso académico para o cal se solicitou a axuda.
b) Cooperar coa Administración educativa en cantas actividades de inspección e verificación leven a cabo, co obxecto de asegurar o destino finalista da axuda.

Artigo 15º.-Compatibilidade das axudas.

As axudas concedidas en virtude da presente orde serán compatibles con calquera outras axudas que puideren percibirse coa mesma finalidade de outras entidades públicas ou privadas, sempre que as axudas concorrentes non superen o custo dos libros e materiais subvencionados. Para estes efectos considerase como materiais curriculares, didáctico e complementario todo o necesario para realizar as actividades que se desenvolven ou promoven no centro docente.

Artigo 16º.-Control, aplicación e revisión das axudas.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para complementar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos peticionarios.