O NOSO BARRIO , ONTE E HOXE

Fixemos un traballo sobre o barrio onde está ubicado o colexio: os cambios na xeografía urbana, na poboación, nos costumes... Foi moi interesante para os nenos; algúns pensaban que todo era así dende sempre.
O máis difícil foi atopar fotos antigas. Non hai moitas que nos serviran xa que o colexio está situado hoxe nunha zona que, hai moitos anos, estaba case despoboada. O Arquivo Blanco e o Arquivo Artús facilitáronnos algunhas das súas imaxes agora expostas no colexio.

A entrada da cidade
Avda. de La Vedra
Detrás das casas está o colexio
Outra perspectiva antiga
O que fora a Praza de Madrid
A praza antiga, hoxe
Antes de inaugurala
A estación
Unha vista aérea
A estación, hoxe
A estación, onte...
A estación dende o parque
Hoxe, aí, hai un xardín
Inauguración de La Vedra

Resulta un pouco difícil recoñecer tantos cambios. Todo, ou case todo, mudou dende hai 40 ou 50 anos. A perspectiva, por forza, non pode se-la mesma.

Resulta chocante ver, na foto da esquerda, como a Avda. de La Vedra, hoxe Alfonso Molina, levaba un tráfico "caótico" o día da inauguración. Pode ser que estiveran aí case tódolos coches da provincia...

Melloraron moitas cousas. Temos máis medios, comunicacións máis fáciles, recursos económicos impensables naquela época... Conseguímolo todo gracias ó esforzo de quen nos precedeu.