2009 ANO DE RAMÓN CABANILLAS
 

 

 

 

 

 

 

 


O ENDL vai  realizar ao longo deste curso 2008/09

 

                     PROXECTO DIDÁCTICO:

 

Cambados ten o seu poeta,

“RAMÓN CABANILLAS”

 

Este proxecto quere dar a coñecer á comunidade escolar o escritor R. Cabanillas. Partindo desta idea, intentamos abrir un abano de obxectivos e actividades centradas na nosa lingua, na nosa cultura e  no noso contorno. Intentando conseguir os obxectivos propostos polo ENDL, mellorando as competencias básicas do noso alumnado na compresión e expresión  oral e escrita.

O ENDL intentará motivar e mobilizar a todos os sectores da comunidade educativa para sexan parte activa deste proxecto.

Os mestres deste equipo e os compañeiros/as que colaboren teñen que ser os axentes motivadores para que o alumnado traballe e sexa creativo.

 

 

 

 

 

MEMBROS do ENDL: Lucía Soto, Emilia Tesouro, Juan Piñeiro, Rosa Fiel e Saúl Otero.

COORDINADOR do ENDL: Saúl Otero

ORGANIZACIÓN: ENDL

PARTICIPANTES:

·        ALUMNADO, PROFESORADO, NAIS,PAIS,AVOAS E AVÓS.

·        ESCRITORES: Xosé Vázquez Pintor, Ramón Caride, Emilio Xosé Ínsua, Juan Carballo, Xosé Mª Vila Ribadomar ,Domingo Tabuyo, Xulio Gayoso. Eduardo Baamonde,Omar García Obregón, Miguel A. Fernández Fernández, Anxo Pastor,Luís Viñas,Luís Rei,Valentina Carro…

·        ARTISTAS PLÁSTICOS: Manuel Busto, Emérita Mendez, Xulio Gayoso, Eduardo  Baamonde, P. Palomar, Fernando Arenaz, Lino Silva, Alexandre Otero, Moncho Eiras, Francisco Pazos, Carlos Rial, Manolo Rial, Elena Silvoso, Uxio López, Manolo Chazo,Xaquín Chaves,Ladislau da Regueira,,José Luiz Oubiña,Xaquín Rosales,Luís Viñas,Victor Rúa…

·        OUTRAS PERSOAS ALLEAS AO CENTRO: escolares e profesores doutros centros cambadeses, anciáns do asilo, Colectivo Ecoloxista do Salnés,CANDEA,Asociación de Ensinantes do Salnés…

 

 

 

 

 

OBXECTIVOS do PROXECTO DIDÁCTICO:

1.    Coñecer a obra e a biografía do noso poeta,Cabanillas.

2.    Recorrer o Cambados de R. Cabanillas.

3.    Elaborar o rueiro e a toponimia de vila cambadesa.

4.    Buscar e fichar os topónimos dos poemas do autor.

5.    Crear debuxos e pinturas sobres as edificacións  populares en pedra de Cambados.

6.    Buscar en Internet temáticas relacionadas co escritor.

7.    Inventar materiais poético-plástico.

8.    Realizar materiais didácticos coas personaxes relacionadas co poeta.

9.    Fichar os escritores,artistas,artesáns…,da nosa vila.

10.    Montar unha exposición con poemas do escritor e crear obras plásticas-poéticas.

11.    Recoller e montar unha exposición coas obras plásticas de artistas do Salnés e outros lugares.

12.    Recoller,montar,ler e contar contos,poemas etc, infantís creados por diversas persoas.

13.    Elaborar cartaces poético para cada porta de cada aula.

14.    Colocar e ler o manifesto de apoio ao PROXECTO DIDÁCTICO: “Cambados ten o seu poeta, RAMÓN CABANILLAS”

15.    Realizar material expositivo sobor de R. Cabanillas para a edición de Candea.

16.    Buscar información e compoñer un mural cos xornais e revistas que publicaron obra do poeta.

 

 

 

 

NAS ACTIVIDADES SELECCIONAREMOS, PARA TRABALLAR, POEMAS  OU TEXTOS DAS DISTINTAS OBRAS DO AUTOR:

·              No desterro (1913) (poesía)

·              Vento Mareiro (1915) (poesía)

·              Da Terra asoballada (1917) (poesía)

·              A man de Santiña (1921) (teatro)

·              O cabaleiro do Sant Grial (1922) (poesía)

·               Estoria do bendito San Amaro que foi chamado no mundo o Cabaleiro de Arentéi  (1925) (poesía)

·              Na noite estrelecida (1926) (poesía)

·              O Mariscal (1926) (teatro)

·              A rosa de cen follas (1927) (poesía)

·              Camiños no tempo (1949) (poesía)

·              Antífona da cantiga (1950) (poesía; antología)

·              Da miña zanfona (1954) (poesía)

·              Versos de alleas terras e tempos idos (1955) (poesía)

·              Samos (1958) (poesía)

 

 

 

 

ACTIVIDADES:

1.      “Presentamos a R. Cabanillas”:

·        O alumnado do 3º ciclo elaborará, por equipos, un panel de 100X70 cm, co resumo da biografía e obra do poeta.

·        Por equipos irán presentando oralmente esta información aos demáis alumnos/as do Centro.

 

2.      “Espazos de Cabanillas ”:

·        Recorrido dos escolares e o profesorado polo Cambados de Cabanillas.

·        Creación dun audiovisual indicando as rúas, as prazas e edificacións relacionadas co autor.

·        Presentación do audiovisual a comunidade escolar.

 

3.            “O noso rueiro e a nosa toponimia”:

·        Clasificación temática do rueiro e dos topónimos de Cambados.

·        Elaboración dunha exposición e unha presentación en power point co material racollido.

·        FICHA RUEIRO_TOPONIMIA:

NOME DA RÚA/PRAZA:______________________________________

ADICADA:________________________________________________   

SITUADA:________________________________________________ 

________________________________________________________

DESTACA:________________________________________________

TOPÓNIMOS:______________________________________________

 

 

 

4.      “Toponimia dos poemas”:

·        Estudio e montaxe dunha exposición cos topónimos fundamentalmente de Cambados e do Salnés que aparecen na poesía de Cabanillas.

·        Lectura dalgúns destes poemas polos alumnos/as.

TÍTULO do POEMA:_________________POEMARIO:______________

TÓPONIMOS ATOPADOS:____________________________________

ESTROFA/S ou VERSOS ONDE APARECEN OS TOPÓNIMOS:              _____________________________

                 _____________________________

                 _____________________________

                _____________________________

 

5.       “Arquitectura da pedra”:

·        Creación de debuxos ou pinturas polos alumnas/os sobre as edificacións populares con pedra da vila cambadesa.

·        Montaxe da exposición  cos debuxos e pinturas.

·        Realización dun audiovisual temático de : pazos, torres, cruces, cruceiros, casas mariñeiras,casas antigas, modernistas, piornos…

·        Presentación,explicación oral da exposición e audiovisual polos escolares.

 

6.            “Ramón Cabanillas nos rueiros doutros lugares de Galicia”:

·        O alumnado ten que buscar en Internet as rúas,prazas…, que teñan o nome do poeta.

·        Búsqueda de datos doutro tipo relacionados co poeta.

·        Coa información resultante farase un mural. Presentación oral deste mural por parte dos escolares participantes.

 

 

7.            “O Cabanillas da moito que pintar” (imaxe e poesía):

·        Creacións  poéticas e plásticas inspiradas nos  poemas do autor con distintas temáticas. (o viño, os piñeiros-piñeiral, as embarcacións, personaxes amigos,os oficios,lendas…).

·        Exposición das creación plásticas e dos poemas.

·        Recital das creacións poéticas.

 

8.            “Cabanillas e os seus amigos”:

·        Elaboración dunha exposición e un audiovisual coas personaxes que se relacionaron con Cabanillas  e cos escritores e personaxes históricas que cita na súa obra. Indicando moi brevemente os datos máis importantes de cada unha. Búsqueda en Internet e  bibliografía.

 

9.             “Hoxe: A letra e a cor”:

·        Traballando coa obra de Cabanillas dámonos de conta dos escritores e artistas que tratou, ou os que citou na súa obra. ¿E hoxe, que escritores e artistas hai en Cambados?

·        Elaboración dun ficheiro de escritores e artistas de Cambados, indicando sucintamente os datos máis importantes, incluíndo unha foto dunha obra e foto persoal. Búsqueda de información con entrevistas e a búsqueda en Internet.

·        Escritores: narradores,poetas, literatura infantil.

·        Artistas: pintores, debuxantes, debuxantes de cómic,escultores, fotógrafos,ilustradores…

 

10.        “Estoria do Bendito San Amaro que foi chamado no mundo o Cabaleiro de Arentei,1925”:

·        Elaboración de 11 paneis para a montaxe dunha exposición coas 11 estrofas de Cabanillas   e os 11 debuxos de Castelao.

·        Recitais destes textos por grupos de alumnas/os.

·        Creacións poéticas,narrativas e plásticas co que lle suxiren estas estrofas.

 

11.       “Cores para Cabanillas”:

1.      Montaxe dunha exposición, no Centro, coas creacións plásticas de artistas cambadeses, do Salnés…,inspiradas na obra ou na vida do poeta.

2.      A creación plástica estará acompañada polo texto do noso poeta que provocou a devandita creación.

 

12.       “Aí vai un conto”:

·        Montaxe dunha exposición coas creacións literarias creadas por nais,pais,escritores,mestres,ou calquera persoa de Cambados (contos, poemas, adiviñas,cantares…).inspiradas na obra do autor cambadés.

 

13. “Cabanillas á porta”:

·        Elaboración e colocación dun cartaz, tamaño A4, con poesías ou estrofas  do autor cambadés, que se pendurará na porta de cada unha das aula.

·       

 

   ANO  RAMÓN CABANILLAS

                                      2009

 

Lucindo a crista

como un sangrante casco guerreiro,

a ollada dura e alumeante,

o forte e áxil pescozo ergueito,

empolainado,calzada e espuela

co señorío dun cabaleiro,…

 

Ramón Cabanillas

 
Cada semana un cartaz con poema distinto.

 

 

 

 

 

 

 

14.  “Manifesto do proxecto”:

·        Colocación e lectura do manifesto literario de apoio o PROXECTO DIDÁCTICO: “Cambados ten o seu poeta, RAMÓN CABANILLAS” realizado polo pai e  escritor Xosé Emilio Ínsua.

 

 

15. “Remuíño con Cabanillas”:

·        Realización de materiais coas nosas/os alumnas/os basado na obra ou na biografía do escritor cambadés para que conxuntamente cos demais colexios de Cambados, a Asociación de Ensinantes do Salnés,CANDEA, edite e monte unha exposición de paneis con estes traballos.

 

16. “Cabanillas na prensa”:

·        Mural cos xornais e revistas que publicaron obra do autor cambadés (textos e imaxes).

·        Panel coas noticias actuais  sobre Cabanillas.