CEP ANTONIO MAGARIÑOS PASTORIZA

CURSO 2009/ 2010

 

 

Avda. Vilariño, 29

36630 Cambados

(Pontevedra)

Tlfno: 986 54 25 12

Fax: 986 54 25 12

Email: cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es

Web: http://centros.edu.xunta.es/cepantoniomagarinos

Biblioteca:  http://opacmeiga.rbgalicia.org


 

 

HORARIO ESCOLAR

1ª hora: 9:00-9:55

2ª hora: 9:55-10:45

Descanso: 10:45-10:55

3ª hora: 10:55-11:45

Recreo: 11:45-12:15

4ª hora: 12:15-13:10

5ª hora: 13:10- 14:00

 

HORARIO DE TITORÍA

Setembro:                   MARTES de 16:00-17:00

De outubro a xuño:     MARTES de 17:00-18:00

 

           No caso de que non poidan acudir neste horario póñanse en contacto co titor para sinalar, se é posible, outra hora.

          

Avisen ao titor de calquera entrevista que queiran manter cos especialistas. O titor  comunicarallo aos mesmos.



DÍAS NON LECTIVOS

 

?      12 de outubro

?      2 de novembro

?      7 e 8 de decembro

?      Nadal : 22 de decembro a 10 de xaneiro (inclúe o día 8 de xaneiro, día do ensino), ambos inclusive.

?      Entroido; 15, 16 e 17 de febreiro

?      S. Santa: Do 29 de marzo ao 5 de abril os dous inclusive.

?      17 e 18 de maio


 



EQUIPO DIRECTIVO


Directora:  Rosa Fiel Paz

Xefa de Estudos:  Lucía González G.

Secretario : J. Carlos González Diz

 

Horario de Secretaría  (atención  ao público):

De luns a venres de 9:00 a 11: 00 h.

 

 

 

BOLETÍN DE INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS   (BOLETÍN DE NOTAS)

 

O Boletín informativo de comunicación ás familias é un documento interno do                                  Centro Escolar, sen valor oficial.

 

O Boletín informativo enviarase  nas datas seguintes:

1º avaliación: 21 de decembro

2º avaliación: 25 de marzo

3ª avaliación: 22 de xuño

 

A información trimestral do Boletín debe valorarse na familia, xunto co alumno/a.

 

Así mesmo, dita información deberá ampliarse mediante visitas periódicas co titor/a  ou os especialistas (mínimo unha ao trimestre).


 

 

 

NORMAS XERAIS

?      O Colexio é un centro de educaión e as familias deben axudar nese camiño.

?      A familia debe confiar e mesmo poñerse de acordo cos mestres e mestras para acadar unha verdadeira educación integral.

?      O material escolar, a vestimenta axeitada e as normas de respecto e cortesía (bos días,  grazas, por favor, ..) fundamentan un bo traballo nas aulas.

?      O bo comportamento do alumnado no Centro implica a colaboración das familias.

 

 

CONVIVENCIA ESCOLAR

?      Procure que o seu fillo chegue puntual.

?      Deben xustificar as faltas de asistencia e puntualidade. Cando un neno/a teña que saír en horario lectivo, o seu pai/nai ou titores han de vir recollelo e cubrir  un impreso na Secretaría do Centro.

?      A hixiene debe coidarse con esmero por parte da familia.

?      Comuníquenlle ao titor calquera situación problemática ou calquera conflicto que poida estarlle afectando ao seu fillo/a na escola.

 

*Todas as Normas de Convivencia conforman un documento que todo pai/nai  pode consultar e ten dereito a coñecer.

 

 

 

MATERIAL

 

·       Os días que teñen Educación Física  deben traer, ademais do chandal e os tenis, xabón e toalla.

·       Cando  van á Biblioteca non han de esquecer o libro para cambiar.

·       Os días que teñen Música non poderán esquecer a flauta.


Procuren  que non traian obxectos perigosos

ou que distraian a súa atención.


 

 

 

 

GRIPE A


 

N    Envíenlle panos de papel cada día aos nenos/as.

N    Avisen ao centro pola mañá cando non asiste

N    Non o manden ao colexio con síntomas de gripe ou febre. Léveno ao pediatra.

N    Extremen as medidas hixiénicas.

N    Consulten o enderezo www.edu.xunta.es