Equipo de Medio Ambiente

O Equipo de Medio Ambiente do centro ten como obxectivos fundamentais:
Sensibilizar ós nosos alumnos e alumnas sobre o contorno no que viven e sobre a responsabilidade que todos temos no seu coidado, conservación e mellora.
A adquisición por parte dos nenos e nenas dunha serie de hábitos tendentes ó aproveitamento racional dos recursos e a unha maior calidade de vida.
O Equipo desenvolve ó longo do curso actividades periódicas como: recollida selectiva de papel e pilas, conservación e plantación de árbores e plantas no patio do colexio.