Matrícula

MATRÍCULA 2017-2018

Prazo de presentación da solicitude de admisión:
Do 1 ao 20 de marzo de cada ano, ambos inclusive, segundo a orde de 12 de marzo de 2013

Lexislación:

Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG).Documento PDF

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG).Documento PDF

Orde pola que se modifica o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato.

Nota- Nesta Orde se introduce a aplicación informática admisionalumnado"  que permitirá presentar as solicitudes e documentación e tramitar o procedemento de forma electrónica.
Enlace  a "admisionalumnado"  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

INSTRUCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2017-2018. 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CEIP A XUNQUEIRA Nº2..

POSTOS ESCOLARES VACANTES PARA O CURSO 2017/2018.

INSTRUCIÓNS E DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN – MATRÍCULA PARA O CURSO 2017-2018.

ANEXO II: FORMULARIO DE ADMISIÓN. 
 O formulario de admisión lles será facilitado no centro docente. Tamén dispoñible na nova aplicación “admisiónalumnado” e na páxina da Consellería de Cultura , Educación e Ordenación Universitaria. 

NOTA IMPORTANTE:
 1º.  Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder.
 2º. O alumnado ten garantía de permanencia no centro.Se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
 3º.  O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.