Comezo e final das actividades lectivas para o curso 2008 - 2009

No 2º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, as actividades lectivas realizaranse do día 11 de setembro de 2008 ao 22 de xuño de 2009, ambos os dous inclusive (Orde do 29 de maio de 2008, D.O.G. do xoves, 5 de xuño de 2008)
Pulsa aquí para ver o Calendario escolar 2008/2009 Documento PDF (Documento PDF)

Bolsas/axudas no eido da área de educación destinadas ao pago do servizo de comedor escolar curso 2007/2008

No Boletín Oficial da Provincia o concello de Pontevedra publica as Bases e convocatoria para a concesión das bolsas/axudas no eido da área de educación, destinadas ao pago do servizo de comedor escolar curso 2007/2008. Ler máis Documento PDF

Información sobre as actividades de inmersión lingüística no verán de 2008

En cumprimento do disposto no artigo 7.3 da Orde do 10 de xaneiro de 2008 pola que se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2008, xúntase a seguinte listaxe: Listaxe provisional de admitidos coa adxudicación de destino segundo o baremo e listaxe de suplentes ordenados por puntuación por cada un dos cursos. admitidos Documento PDF, suplentes Documento PDF

As segundas Xornadas da Alimentación celebraranse no C.E.P. A Xunqueira Nº 2 do 5 ao 12 de maio de 2008

O día 5 de maio de 2008 comezan as segundas Xornadas da Alimentación do C.E.P. A Xunqueira Nº 2 organizadas pola ANPA e o Colexio coa colaboración do Concello de Pontevedra, a Consellería de Sanidade e a Aula Infantil de Cociña. Ler máis Documento PDF

 

Distribuir contido