ORGANIZACIÓN DO PRIMEIRO DÍA DE CLASE 10 DE SETEMBRO DE 2015

PORTA MAIORES.

O Director:

Julio Martínez Álvarez

PORTA PEQUENOS.

Xefa de Estudos:

Pilar Sánchez-Agustino

Curso

Titor

Curso

Titor

6º A

ÁNGELA RÍOS

Suben con ALICIA REY

5º A (4 ANOS)

INFANTIL

LUCÍA CANCELA

6º B

JESÚS BUGALLO

5º B (4 ANOS)

INFANTIL

ANA LOUZAO

5º A

GONZALO LORES

6º A (5 ANOS)

INFANTIL

ALEJANDRA CARDELLE

4º A

MAITOLA MÉNDEZ

6º B (5 ANOS)

INFANTIL

ANA GALEGO

4º B

JOSE MANUEL CASTRO

1º A

CARMEN PARGA

3ºA

MANOLO IGLESIAS

1º B

ÁNGELES FARRÉ

3ºB

ARTURO LORENZO

2º A

CARMEN BELLO

 

2º B

DOLORES BUGALLO

Actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria

Resumo da RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria:

- Estas actividades realizaranse en réxime de internado, en períodos semanais de domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá.
- 1ª quenda: do 1 ao 7 de novembro, para alumnado de 6º de primaria.
- O custo total de cada actividade inclúe:

1. Os monitores ou as monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.

2. Os gastos de docencia e o material escolar.

3. As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.

4. Os gastos de mantenza e aloxamento.

5. O certificado de realización da actividade.

6. O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

- As familias ou, se é o caso, os centros educativos encargaranse do traslado do alumnado ao centro residencial no que se realizarán as actividades así como da súa recollida ao remate delas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e os centros educativos non asumirán os gastos derivados destes desprazamentos.
- Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, todos do mesmo nivel educativo.
- A resolución definitiva dos centros seleccionados publicarase no portal educativo Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e no Diario Oficial de Galicia.
-O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lles permita mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa, a través de actividades non só académicas senón tamén de carácter cultural e/ou deportivo, que servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas.

En caso de estar interesados/as en que seu fillo participe nesta actividade , por favor comuníquenolo a través dun email a ceip.xunqueira2@edu.xunta.es o máis urxentemente posible pois o prazo para que nós entreguemos toda a documentación finaliza o 18 de Setembro.

Prema aquí par ver o texto completo da resolución da convocatoria e selección de centros docentes para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.


CORRECCIÓN DE ERROS. Libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2015 - 2016

Advertido erro na  relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2015-2016 cómpre facer as seguinte corrección:

O ISBN  correcto do libro de Matemáticas de 4º de Educación Primaria "Aprender es crecer en conexión” da Editorial ANAYA é  9788467877816.

Fondo solidario de libros de texto. Orde do 21 de maio de 2015(DOG do 01/06/2015). Ano académico:2015/2016

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS.

LISTAXE PROVISIONAL DE EXCLUÍDOS.

NOTA- As persoas interesadas poden formular reclamación no centro os días 8 e 9 de xullo de 2015.
A relación definitiva será publicada no taboleiro de anuncios do centro e na páxina web o 15 de xullo.

Convocatoria de reunión de nais e pais do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) de nova incorporación ao centro

Convocamos a todos os pais/nais do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) que se incorpora por primeira vez ao centro a unha reunión:

Tema: período de adaptación.

Día: martes, 30 de xuño de 2015.

Hora: 10:30. 

Lugar: salón de actos do colexio.

Libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2015 - 2016

Aviso importante: o alumnado de 4 anos ( 5º Educación Infantil)  non debe comprar os libros  ata setembro, cando se saiba o profesorado que lles impartirá clase.

Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2015/2016. 

Distribuir contido