Na edición deste ano os rapaces coñeceron a gastronomía e a cultura de comunidades doutros países que hoxe en día conviven con nós, especialmente daquelas coas que compartimos a experiencia da emigración e que máis precisan fortalecer a súa imaxe e dar a coñecer a súa riqueza cultural. Unha viaxe para descubrir, aprender e gozar a riqueza e sabedoría das cociñas de Asia, América, e especialmente, África. A viaxe comezou o luns 2 e concluiu o martes 10 de maio.

A volta ao mundo nunha cociña: foi unha actividade que desenvolvéuse con diferentes dinámicas adaptadas ás idades coa finalidadede coñecer os ingredientes básicos na cociña doutras culturas: a súa orixe, os seus usos, as súas calidades nutricionais… A súa aplicación nas cociñas locais e receitas tradicionais: quinoa, yuca, xenxibre, té, arroz, pataca, soia, cacao, especias, millo…
Cociñeiros do mundo: Neste obradoiro os rapaces aprenderon a preparar unha serie de receitas sinxelas doutras culturas, a comelas cos útiles axeitados e a saborear novos ingredientes.
Zampadanzas do Mundo: Os nenos acompañaron ao cociñeiro Zampadanzas nunha viaxe única pola gastronomía e os sabores doutras culturas, dun xeito singular, bailando.
A volta ao mundo nunha cociña en África: Da man de Abdoulaye Bilal Traoré, músico senegalés, fixeron unha viaxe polo continente africano, polos seus costumes, a súa gastronomía, os seus sons cun obradoiro de percusión. Esta mesma actividade realizouse só para os pais o mércores 3 de maio de 10h a 12h e resultou un éxito.
ÁLBUM DE FOTOS DA ACTIVIDADE: