Posts belonging to Category PUBLICACIÓNS PROPIAS



A MELLOR SOPA DO MUNDO!

Hoxe queremos compartir convosco esta curtametraxe de animación elaborada polo alumnado de 4º de primaria en colaboración con 3ºBB e 6ºB de infantil e feita ao abeiro do programa Nós tamén creamos! organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, Editorial OQO e CRTVG.

Temos que engadir que ademais do concurso Nós tamén creamos! presentamos a curtametraxe no Festival Audiovisual Escolar de Boiro o OLLOBOI e… somos finalistas na categoría Arte e Estética!

Dende o enlace podedes seguir todas as novas. Este venres día 11 coñecerase o fallo do xurado… Fervelliño xa ocupa un posto nas butacas da primeira fila para asistir á Gala de entrega de premios!

A MELLOR SOPA DO MUNDO! from Estudios Fervelliño on Vimeo.

E xa para rematar tamén compatimos o “making off” Así o fixemos!

Así o fixemos! Making off from Estudios Fervelliño on Vimeo.

Agardamos que vos guste moito!

SAMAÍN 2017

IMG_2066

Xa é tradición unir esta festa ao día das Bibliotecas Escolares polo que durante a derradeira semana de outubro a Biblioteca está que ferve con diversas actividades: Exposición temáctica de libros de medo, Certames de ilustración e relatos curtos, gravación dun adioconto…

Unha das datas máis esperadas do noso alumnado foi o martes 31 e arrancou este ano con unha nova estrea do audioconto BÓLA DE MANTEIGA, interpretado para a ocasión polo alumnado de 2ºA e B de primaria.

IMG_5707

CIMG6240

 

CIMG6203

Así aconteceu a xornada do 31, comezando no Salón de actos coa proxeción de Bóla de Manteiga, seguido polo prendido das cabazas e rematado no patio con degustación de castañas e baile de disfraces!

Agardamos que vos guste moito, foi unha festa monstruosa e moi gustosa!!!

PALABRAS ENGAIOLANTES

Traballo ilustrado polo alumnado de 4º de primaria dentro das actividades propostas para a conmemoración do Día das Letras.

Fermoso! Emocionante! Engaiolante!

Palabras engaiolantes from Estudios Fervelliño on Vimeo.

Sesión de Monicreques de 5ºA

Hoxe queremos presentarvos unha actividade de autoría propia das alumnas María e Laura. Ambas alumnas deseñaron unha sesión de títeres para representar na Biblioteca aos seus compañeiros.

Contos ao carón da cheminea

Durante os meses de xaneiro ata marzo desenvolveuse na biblioteca unha actividade coas familias onde éstas viñan invitadas a contarnos contos. A convocatoria foi aceptada por unha morea de familiares: nais, pais tíos, tías, avós, aupairs … e deu froito un conxunto variado de sesións que podedes ollar a continuación.

Contos ao carón da cheminea from Estudos Fervelliño_Xunqueira2 on Vimeo.

Moitas grazas pola colaboración a todos os familares do noso alumnado!

NADAL

Rematamos o primeiro trimestre do curso con actividades sorpresa para o noso alumnado… Certame de Postais de Nadal, o “Photocall”, r2d2 no colexio, unha Animación de María Carrera na Biblioteca para infantil, o Belén, un Mannequin Challenge e … coma se dunha estrea de cine se tratase… a nosa película do Nadal! Que traerá agochado…?

 

CONMEMORACIÓN GLORIA FUERTES

Leváronse a cabo actividades de lectura de poemas nas aulas, traballos biográficos, murais e ademais celebrouse unha sesión de animación a cargo de María Carrera, da Editorial Hércules, para Educación Infantil.

CIMG5433CIMG5434CIMG5442

CIMG5447CIMG5450CIMG5451CIMG5455CIMG5456

NADAL 2016 from Estudos Fervelliño_Xunqueira2 on Vimeo.

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

image

image

VISITA DE AUTOR: RAÚL VACAS

O alumnado de 2º de primaria tivo unha visita moi especial e divertida de Raúl Vacas, autor do libro de lectura  Abecé diario de Editorial Edelvives.

A sesión levouse a cabo no espazo da Biblioteca nun ambiente lúdico onde as palabras eran as protagonistas dos xogos.

Botade unha ollada ao video e a poesía que interpretaron coma un rap! Os rapaces tiñan unha sorpresa de agasallo para Raúl… pero ao final tamén eles foron sorprendidos!

BENVIDA CURSO 2015-2016

carta apetura 15-16

Imaxe: vladstudio

POEMAS DE AMOR POR SAN VALENTÍN

carta SAN VALENTÍN