Posts belonging to Category 4ºEP



A MELLOR SOPA DO MUNDO!

Hoxe queremos compartir convosco esta curtametraxe de animación elaborada polo alumnado de 4º de primaria en colaboración con 3ºBB e 6ºB de infantil e feita ao abeiro do programa Nós tamén creamos! organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, Editorial OQO e CRTVG.

Temos que engadir que ademais do concurso Nós tamén creamos! presentamos a curtametraxe no Festival Audiovisual Escolar de Boiro o OLLOBOI e… somos finalistas na categoría Arte e Estética!

Dende o enlace podedes seguir todas as novas. Este venres día 11 coñecerase o fallo do xurado… Fervelliño xa ocupa un posto nas butacas da primeira fila para asistir á Gala de entrega de premios!

A MELLOR SOPA DO MUNDO! from Estudios Fervelliño on Vimeo.

E xa para rematar tamén compatimos o “making off” Así o fixemos!

Así o fixemos! Making off from Estudios Fervelliño on Vimeo.

Agardamos que vos guste moito!

PALABRAS ENGAIOLANTES

Traballo ilustrado polo alumnado de 4º de primaria dentro das actividades propostas para a conmemoración do Día das Letras.

Fermoso! Emocionante! Engaiolante!

Palabras engaiolantes from Estudios Fervelliño on Vimeo.

VISITA DE AUTOR: JATO LÓPEZ

Esta semana visitounos Jato López co seu libro O cociñeiro Martiño da Editorial Anaya. Partillados en dúas sesións o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria gozaron da divertida presentación deste autor.

SEMANA DO LIBRO

Este ano tivemos que trasladar esta conmemoración ás dúas primeiras semanas de maio pois coincidiu coas datas previstas da Semana da Froita tamén celebrada no centro. As actividades agrupáronse en tres fundamentalmente:

  • EXPOSICIÓN DE LIBROS XIGANTES. Corredores e escaleiras adornados con estes libros de produción propia para lembrar ao alumnado a celebración que estaba a acontecer.
  • MERCADIÑO DE LIBROS. Actividade de intercambio de libros entre o alumnado. Organizáronse días para deixar o depósito (un libro por alumno), recollida do “Vale” e trocar o vale por un libro do dépósito. Entre o depósito e o troco o alumnado puido ollar os exemplares que estiveron expostos na Biblioteca.
  • PUNTOS DE INTERCAMBIO. Ubicados polo patio caixons con libros esta semana a Biblioteca saiu ao aire libre. Voluntarios e axudantes exerceron de padriños lectores para os máis pequenos.