Articles from febrero 2011



CURSO 2010-2011: O CENTRO PARTICIPA NO 12º SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA.

É MENTIRA

Segundo o nivel traballamos, falamos, cantamos e xogamos coas cousas que son verdade e mentira. Na biblioteca un Pinóquio xigante preside a exposición  de contos relacionados coa mentira.

Construímos unha casiña de chocolate.

Os máis pequenos fixeron a Hänsel e Gretel.

Os do primeiro ciclo fixeron as ventas da casiña.  Son contos  coa frase é mentira que…

No segundo ciclo fixeron a piruleta con noticias de mentira.

No terceiro ciclo contos clásicos de mentira.

Todos os traballos integránse na casiña de chocolate.

Publish at Calaméo or browse the library.

14 DE FEBREIRO DE 2011: SAN VALENTÍN CONTOS DE AMOR

A nosa mascota, Fervelliño, Nestas datas eu non sei se é porque esta preto o dia de San Valentin pero póñose moi namoradiño e encántalle ler contos de AMOR.

Ao longo desta semana os mais cativos traerán á biblioteca para facer unha exposición contos de amor da súa casa e os outros nenos e nenas do cole escribirán pequenos relatos dun conto de amor.

A cambio a nosa mascota lles regalará unha lambetada de San Valentín e un conto proxectado.

Con os traballos faremos unha exposción, lecturas de San Valentín e un conto colectivo.

Publish at Calaméo or browse the library.

COMEZA A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Este curso 2010 – 2011 a biblioteca do centro pon en marcha as mochilas viaxeiras no segundo ciclo de Primaria.

Todos os nenos e nenas do colexio coñécenme ben, son Fervelliño, a mascota da biblioteca do colexio.
Este ano voume a meter nas vosas casas a través destas mochilas viaxeiras que a biblioteca do centro pon en circulación, indo de familia a familia.
Estas mochilas viaxan de casa en casa unha vez por semana. Entrégase o luns e hai que devolvela ao luns seguinte.
Son libros para ler individualmente, para compartir e comentar, que fomentan a lectura , a aprendizaxe, o respecto, o diálogo. Gozar pasando tempo todos xuntos.

Publish at Calaméo or browse the library.

30 DE XANEIRO DE 2011 DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

A PAZ é CONSTRUIR, compartir, escoitar e falar, é respectar e amar. Isto non é cousa dun día, senón unha forma de vivir.

O Día Escolar da Non violencia e a Paz é unha iniciativa que naceu en 1964 para fomentar a educación en e para a concordia, a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz.

En escolas de todo o mundo cada 30 de xaneiro celébrase este día de diversos xeitos, con variados argumentos, pero cun mesmo obxectivo. Chamar a atención pola necesidade de loitar por un mundo mellor.

No mundo hai moitas persoas e todas diferentes. Pero todos teñen os mesmos sentimentos.


Publish at Calaméo or browse the library.

O MAGOSTO NA BIBLIOTECA

Aproveitamos o mes de outubro e novembro, mes das castañas,  para dar a coñecer a Pepe Carreiro e “Os Bolechas”. Fixemos un mural moi grande na entrada con estos personaxes e unha exposición de libros  na entrada do centro para que os nenos viran e leran estes contos e comics.Pepe Carreiro e o noso invitado para o Dia das letras Galegas.

Publish at Calaméo or browse the library.

O DESEÑADOR DE COMIC KIKO DA SILVA NO NOSO CENTRO

O popular ilustrador e  escritor, Kiko da Silva, de recoñecido presitixio nacional e internacional traballará a banda deseñada este curso 2010 – 2011 co alumnado do terceiro ciclo .

RECOMENDACIÓNS BIBLIOGRÁFICAS 2010-2011

Publish at Calaméo or browse the library.

PLANIFICACIÓN E HORARIO DA BIBLIOTECA DO CURSO 2010 – 2011

Publish at Calaméo or browse the library.

25 de OUTUBRO INAUGURASE A BIBLIOTECA PARA O CURSO ESCOLAR 2010- 2011

A biblioteca é un lugar moi especial do colexio. Un lugar para saber e coñecer, para ler, para aprender, para compartir. Un lugar de encontro no que podes informarte de todo o que che interese.

Ademais de libros, tamén podes atopar vídeos, DVD, CD-ROM, música, mapas, revistas e equipos informáticos para acceder a A biblioteca é un mundo por descubrir.

O día 24 de outubro é o día das bibliotecas, é festa non só para os bibliotecarios e os que na biblioteca vivimos, senón de todos os que a usamos e disfrutamos dela. A nosa celebración non sería celebración sen vós os lectores. É a festa de todos e para todos.