Articles from octubre 2013



CARTA DE FERVELLIÑO

 

Ola nenos e nenas!

Xa estou de volta!

Que tal pasastes o verán? Espero que ben. Eu , coma sempre , viaxei dun mar a outro e coñecín moitos países dos que máis adiante vos falarei.

Agora , quérovos contar que a Biblioteca do Colexio xa está funcionando e que a podedes visitar co voso titor ou titora no horario que tedes cada curso e tamén os martes e os xoves na hora do recreo.

Espero que usedes moito a Biblioteca , podedes ler historias marabillosas , consultar libros para obter información de calquera cousa ou utilizar os ordenadores para cando necesitedes saber algo.

 

A Biblioteca é un lugar fantástico para disfrutar!

 

Despídome de todos vós polo de agora.

                                              Unha aperta para todos.

    

                                                                         Fervelliño