Preme para descarga-la actividade

   Esta autora, nun principio descoñecida para o noso alumnado, conseguiu engaiolalo coa súa expresividade e magníficas dotes de contacontos. A charla estivo dirixida ó alumnado do 3º ciclo, que previamente estivo lendo as súas obras, prestando especial interés ó libro "A encontadora". Realizouse unha exposición coa bibliografía da autora adaptada a dito nivel. Dende a biblioteca elaborouse unha actividade multimedia CLIC, realizada polo alumnado na aula de informática.

  

    A partires dun conto da súa obra "A buguina namorada", os nenos e nenas de 6º fixeron a súa escenificación para o alumnado do 1º e 2º ciclo. Salientar que, tanto o conto en si como a obra de teatro, calaron ben fondo en toda a comunidade educativa.

   An Alfaya quixo deixar un pequeno recordo do seu paso polo colexio.