|
|
|
Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei o 6 de
outubro de 1929. Escritor e membro da Real Academia Galega
(2003). En 1942 trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato e
aquí comezou a súa precoz carreira literaria participando, á
idade de 20 anos, no ciclo de conferencias "jóvenes valores
lucenses". |
|
Nos axitados
anos sesenta e setenta, Manuel María participa na reorganización
política e atende ós chamamentos e peticións que lle chegan de
tódalas organizacións que, ao longo e ancho do país, andan a
traballar pola recuperación cultural: dende impartir
conferencias ou recitar poemas a presentar a Nova Canción Galega.
As súas actividades políticas culminaron coa súa elección como
concelleiro en 1979. Son anos duros e a súa participación nas
campañas en defensa da lingua foi moi activa. |
|
A súa obra
literaria diversifícase e multiplícase de acordo cos novos
tempos: ensaio, narrativa, teatro... sen abandonar o cultivo da
poesía. En 1985 abandonou a militancia política para se dedicar
por completo á actividade literaria e cultural e, dende a súa
xubilación, reside na cidade de A Coruña. A súa xenerosa entrega
foi recoñecida en 1995 na homenaxe organizada pola asociación
socio-pedagóxica en A Coruña. |
|
Manuel María
faleceu en A Coruña o 8 de Setembro de 2004 |
|
|
|
|
 |
|
BIBLIOGRAFÍA |
|
Entre as súas numerosas obras podemos citar os
poemarios: |
|
-Terra Chá |
|
-Mar maior |
|
-Cancións do lusco ó fusco |
|
-Escolma de poetas de Outeiro Rei |
|
-Poemas para dicirlle a dúas lagoas |
|
-Sonetos á casa das hortas |
|
-Panxoliñas |
|
-Poemas a Compostela |
|
-Poemas ó outono |
| -Os soños na gaiola |
| -As rúas do vento ceibe |
|
TEATRO |
| -Aventura e desventuras dunha
espiña chamada Berenguela |
| - Auto da costureira |
| - Auto do mariñeiro |
| - Auto do taberneiro |
| - Barriga verde |
|
LITERATURA
INFANTIL E XUVENIL |
| - A tribo ten catro ríos |
| - As ribeiras son escuras |
| - Cando o mar foi polo río |
| -Unha sombra vai polo camiño |
| -Cando desapareceu a Atlántida
 |
|
|
|