¿Xogamos? ¡Xeroglifiqueamos!   ¡Pista a pista! ...e tantos outros títulos. De vez en cando aparecen polos taboleiros este tipo de anuncios animando ó alumnado a participar. Algúns xogos teñen lugar no recreo, outros nas horas de clase. Realízanse na biblioteca ou en exposicións montadas para un xogo en especial.

  ¡Xeroglifiqueando! Unha vez traballado o tema na aula, propóñense unha serie de xeroglíficos onde se agochan títulos de libros da nosa biblioteca.
 
  Crebacabezas: este xogo realizouse nos recreos. Á entrada da biblioteca cada ciclo tiña o seu recuncho, onde cada día ían saíndo unhas determinadas pezas da portada dun libro.
  ¡Pista a pista!: actividade semanal e durante os recreos. Cada día saía a luz unha nova pista do libro que debían adiviñar.
  "O trasno Patoso" entrou de noite na biblioteca e botou tinta por encima dos títulos dalgúns dos nosos libros. Tentamos recuperar eses títulos.
 

"O misterio do libro perdido": na exposición dos fondos que queremos presentar ó alumnado, durante o proceso de posta a punto perdeuse un libro. Coa axuda de tódolos datos que lles presentamos, e sabendo en todo momento que letras nos van interesando, temos que chegar a localizar cal foi o libro estraviado.

 

Revoltixo de títulos: que desorden nos andeis da biblioteca! Os títulos están todos remexidos. Se colaboramos todos, seguro que cada libro chegará ó seu andel.

  Textos mesturados: aparecen tres textos de tres obras distintas. Trátase de ordenalos e busca-los títulos correspondentes.
  Peza a peza: recorta e pega correctamente as distintas partes dun fragmento dunha obra.
  Asociación de debuxos con textos, ordena-las páxinas de libros, introducir palabras que fuxiron dos seus lugares,...e outras moitas actividades que realizamos ano tras ano para que o alumnado se introduza aínda máis no mundo da fantasía a traverso da lectura.