Para o alumnado do noso centro, sobre todo para os máis pequenos, foi unha gran satisfacción poder estar en contacto co ilustrador dos libros máis manexados da biblioteca escolar. A familia dos Bolechas forma parte das máis importantes lecturas dos nosos pequenos. A experiencia foi extraordinaria, ó poder ver en directo como este xenial ilustrador ía dando forma ós distintos personaxes.

   Tamén serviu este encontro para que o alumnado do 2º e 3º ciclo se adentrara un pouco máis na época da cultura castrexa a través dos comics Os Barbanzóns.

 

              Actividades  realizadas  polos  nenos  do  2º  ciclo                            Recordo para o colexio
 

Encontro de Pepe Carreiro cos escolares do noso centro.

   Á parte da enriquecedora experiencia de ver traballar ó ilustrador, o alumnado quedou gratamente satisfeito por dúas razóns: por unha banda deixounos dúas grandes tiras de papel cheas de ilustracións súas; pola outra, adiantoulles que no número do cómic de Os Barbanzóns no que está a traballar, aparecen referencias ó Castro de Neixón.

   Por último agradecer ó Departamento de Cultura do Concello de Boiro á hora de realiza-las xestións para que Pepe Carreiro estivese no noso centro.