Tivemos o pracer de contar co ilustrador Anxo Fariña, que adicou unha mañá do seu tempo a adentrar ao alumnado no mundo da ilustración. Este xove licenciado en Belas Artes iniciose no mundo da ilustración nun primeiro momento, adicándose agora tamén a escribir as súas propias historias.

 
     Para o noso alumnado, o mundo da ilustración non lle resulta moi familiar. As caras de sorpresa e asombro reflexaban o entusiasmados que ficaban ao veren como cuns trazos aparentemente sinxelos, xurdían unhas fermosas imaxes.

           

     O momento máis interesante foi aquel no que Anxo Fariña fixo caricaturas dalgúns nenos e nenas do centro, e mesmo dalgunha profesora.
    Estes encontros con ilustradores da nosa terra parécennos moi interesantes, dado que o alumnado pode comprobar in situ que eses datos que eles cubren nunha ficha á hora de ler un libro (autor/a, ilustrador/a,...) non son só algo teórico.
     Como tódolos autores e ilustradores que visitan o noso centro, Anxo Fariña deixounos a súa pegada en forma de murais asinados para o colexio.