Para celebra-lo día do libro, dende a biblioteca propuxéronse distintas actividades para cada ciclo: técnicas básicas para elaboracións de resumes, como insertar diálogos nunha narrración de estilo indirecto e viceversa. Outra actividade moi interesante foi a memorización e dramatización de distintos contos populares.

   Como en anos anteriores realizamos un intercambio de libros con dous colexios do concello. Cada nivel recomenda un libro ós mesmos niveis dos outros centros. Un grupo de nenos e nenas encárganse de leva-los libros con algún pequeno agasallo que cada clase elabora.