Realizamos o intercambio de libros cos colexios Praia Xardín de Boiro e Santa María do Castro de Cabo de Cruz. O alumnado do noso centro a través do kamisibai contou un conto en cada ciclo dos outros colexios. Nas imaxes podemos apreciar o momento da entrega dos libros recomendados e adicados. Tamén podemos observar o alumnado do noso centro levando as caixas cos libros. No día do libro, realizamos actividades de busca de información en diferentes tipos de libros: atlas, dicionarios, enciclopedias,...