 |
| Actividades
nas aulas: Cada grupo de alumnos e alumnas elaborou unha ilustración
cun lema sobre este día e o seu significado. Con tódolos carteis
realizouse un gran mural. O 8 de marzo o alumnado baixou cos seus
respectivos titores e titoras para comentar e analiza-los traballos
realizados por tódolos compañeiros e compañeiras. |
 |
|
|
|
|
| O Día
da Muller Traballadora é unha conmemoración declarada polas
Nacións Unidas no 1978, pero que ten a súa orixe nuns desgraciados
feitos ocurridos no ano 1908. |
|
|
A comezos do século XX moitas mulleres incorpóranse ó traballo nas
fábricas nunhas condicións moi duras. Esta situación fixo que se
organizaran para reivindicar melloras laborais. Un encerro organizado
polas traballadoras dunha fábrica téxtil en Nova Iork o 8 de marzo de
1908, rematou coa morte de 129 traballadoras, cando os donos incendiaron
a fábrica para facelas saír. |
|
A cor lila coa que se identifica esta data
ten que ver coa cor do tecido que estaban a facer ditas mulleres o
día no que morreron. |
| Cada
8 de marzo é unha reflexión sobre este longo camiño que as mulleres
tiveron que percorrer para ser recoñecidos os seus dereitos: pasaron 70
anos dende o día destes desgraciados feitos ata a declaración da ONU. O
que se reivindica é a igualdade entre os dous sexos, non só na redacción
das leis senón na aplicación das mesmas e os seus resultados. Todo isto
aínda debe ser reivindicado, pois o obxectivo final da igualdade aínda
non se conseguiu. |
| |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |