Con motivo do día da árbore, @s alumn@s do 2º ciclo participamos nunha plantación de carballos en San Ramón de Bealo. A asociación de veciños propuxo esta actividade ás nosas titoras. Contamos coa colaboración do Concello, que enviou algúns obreiros para axudarnos a face-los covos e coa Consellería de Medio Ambiente, que aportou ás árbores que plantamos.

   Plantamos carballos e aínda que estamos bastantes acostumados a pasear, xogar e gatear por eles, tamén aprendemos moitas máis  cousas. Fixemos debuxos da árbore, da folla e do froito.

     Desexamos que con esta acción contribuamos a recupera-los bosques autóctonos galegos.

       

   Árbore caducifolio do xénero "Quercus" da familia das fagáceas que comprende unhas 300 especies. É propio das zonas temperadas e tropicais do hemisferio septentrional. Poden vivir ata 800 anos e son moi apreciados pola madeira. As diversas especies varían en tamaño dende arbustos ananos ata carballos duns 45 m e un diámetro entre 1' 2 e 2' 5 m.

   Os carballos florecen a mediados da primavera: as flores masculinas en amentos colgantes e as femininas en grupos e rodeadas dunha cuberta escamosa.
   As follas son alternas e  lobuladas, verde brillante na face e verde claro no envés. O carbalo é unha árbore de folla caduca.
   O froito é a landra, de 1 - 2 cm sobre un pedúnculo e con cúpula escamosa.

   Os bosques autóctonos galegos, que medran en moitos casos en chans esquilmados, foron víctimas do secular aproveitamento masivo, dunha selección xenética  regresiva e de tratamentos culturais desafortunados. Hoxe, seguen sucumbindo ante a machada, a motoserra, maquinaria pesada, incendios,... para ocupa-lo seu lugar con pasteiros, autovías e repoboacións con especies de crecemento rápido.