| Actividades no centro nos días previos á celebración:
|
 |
|
 |
Elaboración dun macromural no que participaron tódolos alumnos e alumnas do centro. Cada
aula preparou unha porción do planeta Terra na que escribiron unha
palabra relacionada coa paz e pegárona no borde exterior.
Cada grupo inventou unha frase facendo
referencia á paz. Tódol@s
alumn@s deixaron no mural unha pegada
da súa man. |
|
|
O alumnado buscou noticias
positivas en publicacións periódicas para completa-lo mural. |
| |
| Actividades
que se realizaron o día 28 de xaneiro, venres: |
|
Mañá: |
|
Manifestación na
praza do concello xunto cos colexios da zona. Unha representación de
cada centro leu un manifesto sobre a catástrofe do sudeste asiático e levou unha pancarta cun lema. O lema da nosa pancarta foi "Creo na paz". |
|
|
|
Despois da lectura soltáronse pombas
e, a continuación, os participantes cantaron e fixeron un baile do tema
"No dudaría" de Antonio Flores. |
|
Tarde: |
|
Actividades nas aulas: |
|
-Interpretación do mural sobre a paz e
resolución de fichas de comprensión. |
|
-Lecturas narrativas e poéticas sobre a
paz de textos elixidos para cada ciclo. |
|
-Elaboración de fichas de plástica. |
|
 |
| |
| |
| |
| |
| |