|
En cada curso, tivemos que
elaborar unha prenda de roupa en cartolina cun lema positivo, e noutra
cartolina de cor negro, escribir un lema negativo. Preparamos tres cancións
de temática pacifista. O
30 de xaneiro, na Praza do Concello, nunha gran lavadora os nenos e nenas
representantes de cada colexio e unitaria foron introducindo os aspectos
negativos na lavadora e colgando nun gran tendal a peza de roupa onde destacaban as
ideas positivas. Cantamos e soltáronse pombas. No noso Centro tamén se
realizaron murais e lemas que colgaban nas portas e corredores. |
 |