|
Murais,
exposicións, cancións, ...foron algunhas das actividades levadas a
cabo por toda a Comunidade educativa do noso Centro. |
|
O traballo
conxunto do Equipo de Extraescolares, Normalización e Biblioteca
escolar e a boa acollida por parte do profesorado e alumnado deu os
seus froitos. Elaboración de contos de temática pacifista,
actividades JavaClic sobre libros, actividade en pizarra dixital,
facendo un percorrido a traverso dos premios Nobel da Paz, audición
musical de temas variados visualizando imaxes positivas e negativas
en torno ao tema, exposición de libros, traballos nas aulas,
elaboración conxunta de murais,... Destacar a idea dos máis pequenos
coa elaboración de broches con forma de pomba. |
|
O
mal tempo estragou unha actividade conxunta de tódolos centros de
Boiro, que se ía celebrar o día 30 de xaneiro, pola mañá, na Praza
do Concello. Fíxose unha petición conxunta de tódolos centros ao
concello, para que dean o nome Rúa da Paz, a unha das rúas da
nosa vila. |
| |
| |
|