O Equipo de Extraescolares, xunto coas coordinadoras da biblioteca elaboraron e propuxeron unha serie de actividades para os distintos ciclos. Tomouse como punto de partida un gran mural onde aparecían as distintas seccións dun xornal, a estructura dunha noticia,... Víronse tamén as distintas fontes de información, e a distribución e o contido das páxinas, dependendo da importancia ou interés da noticia.

     No terceiro ciclo fíxose unha pequena introdución ós distintos xéneros xornalísticos: a nova, a reportaxe, a entrevista, a editorial, o artigo, a crítica, a crónica,...

     Durante esa semana, tivemos prensa diaria: xornais nacionais, locais, de mañá, de tarde, periódica... Do mesmo xeito contamos con xornais de información xeral e outros especializados: deportivos, de economía, científicos,...  

     Os distintos cursos tiveron un contacto directo cos  xornais, realizando as actividades indicadas para o seu ciclo.

     Pareceunos moi interesante esta semana da prensa, dado que o noso alumnado non está acostumado a manexala.