Durante toda esta semana o Equipo de Normalización, xunto co de Extraescolares, mercou distintos exemplares de xornais de ámbito rexional, nacional, deportivo e internacional, que expuxeron na biblioteca para que o alumnado dos distintos cursos tivera a oportunidade de tomar un primeiro contacto con eles, para logo comenzaren coas distintas actividades propostas para os diferentes ciclos.