|
A Asociación de Montes de Cespón tivo a xenial idea de convidarnos a participar da repoboación forestal dos terreos anexos á autovía. Conmemoramos tod@s xuntos o Día da árbore. Plantáronse distintas clases de árbores autóctonas. Rematouse a xornada cun xantar no centro por cortesía da mencionada asociación. Queremos reiterar a importancia da actividade, quedando abertos a iniciativas deste tipo, que son altamente motivadoras para o alumnado. |
|
|