Ó longo do curso cada ciclo ten programada no PXA unha saída por trimestre. Realízanse tamén outro tipo de saídas, dependendo da oferta cultural proposta polas distintas entidades organizadoras.
     A maioría das  saídas organizadas polo departamento de cultura do concello de Boiro son de curta duración e sempre en horario lectivo: representacións teatrais, audicións musicais, títeres,... No terceiro trimestre adóitase realizar unha saída de xornada completa cun carácter máis lúdico.