Este primeiro número da nosa revista está marcado pola desgracia que o Prestige trouxo ás nosas costas. As pegadas desta terrible catástrofe fan mella na revista: reflexións, debuxos e poemas surcan as sucesivas páxinas.

   Aparece tamén unha entrevista cun ilustre rianxeiro, Xesús Santos, quen compartiu unha tarde connosco. As visitas de García Teijeiro, Manuel Uhía e Paula Carballeira, completan a relación de autores e ilustradores que nos agasallaron coa súa visita.

   Poemas, cartas e desexos de paz para os nenos e nenas de Iraq, comics, pasatempos, adiviñas, receitas, ...e como non, mención especial a Antón Avilés de Taramancos dan forma a este primeiro número de Falares.