Segundo ano de vida para Falares. Gran parte adicada a Xocas, o autor homenaxeado neste ano no Día das Letras Galegas: biografía, bibliografía, ilustracións de apeiros e utensilios das distintas profesións...

    Xogos   na  biblioteca:  o   trasno Patoso, o misterio   do   libro  perdido,  xeroglifiqueando; páxinas de  pasatempos,  chistes,  probas  de inxenio,...   así  como   creación   literaria   do alumnado, converxen nas sucesivas páxinas.

    Recóllense, igualmente, as saídas culturais dos distintos ciclos e un amplo apartado onde os nenos e nenas fan as súas recomendacións sobre diferentes libros de literatura infantil.