Un ano máis a nosa revista volve a ve-la luz. Presentámosvos a terceira edición dos nosos "Falares", unha tarefa levada a cabo polo conxunto da nosa comunidade escolar, co fin de converte-la nosa lingua nalgo dinámico e vital, que serva para pensar expoñer, reflexionar,...
  O contido desta revista ten que ver co traballo realizado durante parte do curso: poesías, narracións, celebracións, aventuras, saídas culturais, ...
   Cabe destacar tres grandes temas que están latentes na  revista deste curso: a celebración do IV centenario de "O Quixote", a exposición "Gobissaurus" e a figura homenaxeada no mes das nosas letras Lorenzo Varela.