Xa están
aquí estes novos Falares 2006,
para amosarvos algunhas das actividades levadas a
cabo polo alumnado durante o presente curso. Énos moi grato
comunicarvos, que neste senso de dar a coñece-las nosas tarefas, o
centro vén de recibi-lo primeiro premio a nivel galego no
deseño e elaboración de páxinas Web, convocado pola Consellería
de Educación. |
Neste novo número
atoparedes información sobre Manuel Lugrís Freire, autor
homenaxeado nas Letras Galegas 2006; tamén encontraredes contos,
poemas, adiviñas, fotografías, pasatempos, murais,...
O feito de
que esta revista esté editada totalmente en galego, non é casual,
senón que queremos poñe-lo noso gran de area neste mes das Nosas
Letras. Tal e como decía Lugrís Freire: "Amigos da Fala
somos" |