Esta publicación, xunto
coa páxina web do centro, son dous vehículos que nos serven para
comunicarnos coa realidade exterior. Coidamos que son de moito
interés, xa que contribúen a motiva-la creatividade, a imaxinación,
expresividade...do alumnado. |
O eixo central da revista
constitúeo a celebración do Día das Letras Galegas, data na que se
publica. Este ano a autora homenaxeada estaba moi preto de nós,
mesmo viviu parte da súa vida no noso concello. Isto fixo que o
vivísemos como algo máis cercano, mesmo identificándonos con moitas
das paisaxes e vivencias que ela canta nos seus poemas. |