Un ano máis a nosa comunidade escolar realizou unha labor conxunta para recordar a Mahatma Gandhi e as súas ideas de non violencia. Realizouse un gran mural, onde cada aula aportou debuxos, frases, desexos de que a paz perdure ó longo de todo o ano.

   Xunto con tódolos colexios do concello de Boiro, en coordinación coas responsables do Departamento de Cultura, celebrouse o luns 30 de xaneiro a segunda concentración en prol da paz e da non violencia.

   A actividade previa a esta concentración foi a decoración dunha caixa por aula, onde o alumnado, a traverso de debuxos e de frases, expresaban a súa idea de paz.

   O acto central tivo lugar na Praza do Concello, onde o alumnado de tódolos centros confeccionou coas caixas decoradas un gran muro. A continuación, na parte central deste gran muro, pintouse a pomba da paz, mentras soaba de fondo a canción Imagine de John Lennon. Outro dos actos foi a lectura dun manifesto, onde participou alumnado de tódolos colexios. Soltáronse varias pombas e cantouse a canción No dudaría de Antonio Flores.