Como vén sendo costume no centro, tódolos anos se realizan unha serie de actividades ao redor dunha das festas que posiblemente teña menos arraigo entre os máis pequen@s.

     Por ciclos, elaboráronse distintos poemas, narracións, cómics... co motivo das cabazas, que o alumnado coñece ben xa que é un dos cultivos típicos da zona.

     A actividade que máis gustosos realizan é o vaciado e posterior decoración das cabazas, axudados polas familias, que se involucran moito nesta tarefa.