O samaín tivo como motivo principal unha exposición de cabazas naturais adornadas. Estaba presidida polo mural Samaín Cespón 2007, no que a distribución de tarefas quedou do seguinte xeito:

     -Primeiro: debuxo de pantasmas.
     -Segundo: confección de arañas.
     -Terceiro: realización de morcegos.
     -Cuarto: elaboración de meigas.
     -Quinto e sexto: Debuxo e pintado da base do mural.

     Do mesmo xeito decidiuse realizar fichas de traballo por ciclos, para que o alumnado coñeza costumes, lendas,... sobre o samaín.