|
 |
|
 |

 |
|
Neste curso a Semana Cultural tivo lugar dende o 7 ao 16 de maio. O
primeiro ciclo realizou unha visita á fábrica de conservas Jealsa; o
alumnado do segundo ciclo viaxou a Rianxo para coñecer a Aula do Mar
e unha visita guiada por este pobo, berce de grandes escritores; o terceiro
ciclo visitou Cartogal en A Pobra. |
|
Contamos coa colaboración do grupo de baile rexional da A.N.P.A do
Colexio e o coro"Virxe de Loreto" de Cespón. Grazas á
colaboración de Caixanova tivemos a oportunidade de viaxar polo universo
dentro dun estupendo planetario. |
|
Foron múltiples e variados os obradoiros: de ilustración, animais con
pipas, moedeiros e imáns con goma eva, chapas, colares e
pulseiras,... |
|
Sen dúbida, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas, María
Mariño, centrou moitas das actividades con obradoiros literarios,
actividades JavaClic e outro tipo de tarefas colgadas na rede dentro
da páxina do Centro. |
|
Unha das
actividades estrela, pola gran acollida entre o alumnado é o tradiconal
xogo de pistas que fomenta a colaboración e cooperación do
alumnado dentro dos distintos ciclos. Son tamén os xogos populares
outra das atraccións enmarcadas na nosa semana ano tras ano, grazas á
colaboración de monitores do Departamento de Deportes do Concello de Boiro. |